sábado, 9 de marzo de 2024

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

 Como cada  8 de marzo o noso cole se enche de actividades encamiñadas a traballar a igualdade,  en dar visibilidade a moitas desigualdades que ainda existen hoxe  en día e que sufren as mulleres diariamente. Exposicións, talleres, traballo do tema a partir de películas, lectura de contos a cargo de nais dos nosos nenos e nenas, ...Grazas a Verónica, Jessica e Leticia polo voso tempo.













https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedomar/node/1879

lunes, 19 de febrero de 2024

lunes, 15 de enero de 2024

UN CURSO DE CINE

 O PDI deste ano ten como temática O cine. Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil tiveron a actividade de motivación. Á biblioteca de Lectorio chegou unha carta acompañada de diversos obxectos que pertencían a 2 personaxes moi máxicos que tiveron que adiviñar. Sabedes de quen se trataban ?








miércoles, 20 de diciembre de 2023

VISITA DO APALPADOR

 Como é tradicional,  as nenas e nenos de Infantil , 1º e 2º recibiron a visita do Apalpador.














CONTOS DE NADAL

 Durante estes días previos ao Nadal , as nenas e nenos de 4º de Primaria, fixeron de fantñasticos narradores de contos para os máis pequenos do cole. As obras que estamos a ter no cole, obrigaron a ter pechada a biblio uns días pero iso non nos impediu facer estas sesións polas aulas.  Achegar a figura do Apalpador aos nosos nenos e nenas foi un dos obxectivos desta actividade.















domingo, 3 de diciembre de 2023

MES DA CIENCIA

 Durante o mes de novembro estivemos traballando a ciencia nas nosas aulas a través de diversas actividades e experimentos que podedes ver no seguinte video